Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): Galenos de Galicia: Guerra Civil e represión polo franquismo

As historias de represión, exilio e depuración que sufriu o colectivo dos médicos galegos nos anos da Guerra Civil e a posguerra da Ditadura
franquista foron saíndo á luz na última década, e xa suman máis de 150 nomes. Unha cifra nada comparable no seu número aos máis
de 14.000 galegos represaliados (5.000 mortos) documentados no portal Nomesevoces.net (Proxecto Interuniversitario de Investigación
“Nomes e Voces”).